EDUCACION

- Educación Infantil (Gallego)

Resumen del curso

O curso de Educación Infantil de Mentor é un curso básico no que se abordan con sinxeleza todos os aspectos que teñen algunha relación cos nenos e nenas ata os seis anos de idade.
O seu contido está repartido en tres Bloques, no primeiro bloque de temas está todo o relacionado coa reprodución e o desenvolvemento físico e a saúde do/a neno/a, no segundo bloque trátanse os temas de Psicoloxía Evolutiva que afectan á etapa infantil e por último no bloque terceiro abórdanse diferentes temas de didáctica da Ed. Infantil.


Destinatarios

O curso está destinado fundamentalmente a nais, pais e educadores. Ás nais e aos pais achégalles uns coñecementos que lles axudan a comprender mellor os seus fillos/ás e a ter uns referentes do seu desenvolvemento e das diferentes etapas que se dan entre os 0 e os 6 anos de idade.
Para os profesores o curso achega unha visión global e relacionada de todos os temas e aspectos da educación infantil, ademais o curso ofrece numerosos enlaces e material complementario que se pode usar para incrementar os seus coñecementos sobre aspectos concretos.


Contenidos

Bloque 1. - Reprodución, desenvolvemento físico e saúde.
1. Reprodución e xestación
2. Crecemento e desenvolvemento.
3. Alimentación e nutrición infantil.
4. Descanso e hixiene.
5. Enfermidades infantís.
6. Prevención de accidentes infantís.
Bloque 2. - Psicoloxía Evolutiva.
7. Fundamentos da psicoloxía evolutiva.
8. Desenvolvemento afectivo
9. Desenvolvemento social.
10. A sexualidade infantil.
11. Desenvolvemento sensorial.
12. Desenvolvemento motor.
13. Desenvolvemento cognitivo.
14. Psicomotricidade
15. Adquisición e desenvolvemento da linguaxe.
16. Expresión plástica e xestual.
Bloque 3. - Didáctica.
17. Achegas teóricas á educación infantil na historia recente.
18. Marco Legal da Educación Infantil.
19. Planificación da educación infantil.
20. Deseño de actividades.
21. Organización do escenario escolar.
22. A relación cos pais.
23. O xogo.

Descarga la DEMO del manual 

  • Solo mostramos parte del manual en pdf. Recordad que los cursos son variados y disponen de numerosos complementos como manual navegable, material de apoyo, glosarios, actividades y otros que en esta demo no se muestran.
  • El contenido de los cursos es actualizado con frecuencia  por lo que puede haber discrepancias con el contenido real.
  • Si quieres conocer cómo está estructurado el curso en profundidad consulta al administrador de tu aula más cercana.

Materiales y software necesarios

Actividades obligatorias

As actividades obrigatorias do curso son 11 en total, 8 exercicios de elaboración e 3 test de avaliación ao final de cada un dos bloques.
O tempo mínimo estimado para facer o curso, facendo só as actividades obrigatorias e respectando o tempo estipulado que debe separar cada entrega dos exercicios, sería duns 30 ou 40 días.
A duración normal do curso realizando todas as actividades obrigatorias e as voluntarias sería duns 80 -90 días, este tempo está calculado dedicando diariamente algo de tempo ao estudo e elaboración de exercicios traballando o Manual e dedicando un tempo a repasar todo o estudado e a preparar a proba final.

 

Tiempo estimado

Ao rematar o curso e unha vez superada a proba final, o/a alumno/a obtén un certificado de aproveitamento expedido polo Ministerio de Educación ou no seu caso da Consellería de Educación da súa Comunidade Autónoma.
No curso de Educación Infantil certifícanse 180 horas.


Requisitos recomendados

Para realizar o curso é conveniente ter coñecementos básicos de Informática a nivel do curso Mentor "Iniciación á Informática" ou polo menos unha mínima destreza de mecanografía.
En canto a coñecementos previos non son necesarios sobre a temática do curso, pero si é recomendable un nivel de formación de Graduado Escolar ou 2º de E.S.O. principalmente para estar capacitado para redactar, resumir e elaborar textos escritos propios e orixinais.


Cursos relacionados

Dentro dos cursos existentes na oferta de Mentor hai unha serie de cursos que están moi relacionados co de Educación Infantil e que ben poderían ser un bo complemento ao curso.
Os cursos máis recomendables para ampliar e complementar os coñecementos adquiridos despois de realizar o curso de Educación Infantil serían:

. Coidados do Bebé.
. Escola de Pais e Nais.
. Familia, escola e convivencia.
. Iniciación á Musicoterápia.

Tamén é recomendable como curso a realizar antes de comezar o de Ed.Infantil sería:
. Iniciación á Informática.


Horas Certificadas : 180

Descarga Díptico del curso